Comeza a funcionar na Coruña o mercado provisional de Durmideiras


A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, visitou este xoves o mercado provisional de Durmideiras que lle dará servizo ao barrio durante os cinco meses que durarán as obras de reforma integral do edificio. As praceiras e os praceiros adaptaron facilmente os seus produtos aos postos eventuais e tiveron unha boa acollida por parte do público. A edila recordou que “a nosa prioridade é apostarmos polas prazas de abastos e o comercio de proximidade” e recordou que o de Durmideiras será un punto de encontro non só pola actividade de compra-venda que se realice nel, senón tamén polos espazos que se lle reservará á cidadanía para usos sociais e culturais.