Comeza a funcionar o hospital de día de saúde mental infanto-xuveníl da área de Lugo

1 minutes read

Comezou a funcionar o hospital de día de saúde mental infanto-xuveníl da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Trátase do cuarto dos sete hospitais de día de saúde mental infanto-xuvenís previstos no Plan de Saúde Mental de Galicia, aprobado a mediados de 2020, tras os de Vigo, Santiago e Ourense. O obxectivo de Plan é que haxa un hospital destas características en cada unha das sete áreas sanitarias galegas no ano 2024.

Esta nova unidade está destinada a pacientes con idades que van dos 12 aos 18 anos. Entre as patoloxías que se atenderán figuran trastornos da alimentación, trastornos mentais graves, trastornos do espectro autista e trastornos de conduta, entre outros.

O hospital de día de saúde mental infanto-xuveníl está concebido para realizar tratamentos ambulatorios activos e busca non separar aos nenos e adolescentes do seu ámbito normal de vida cotiá.

En definitiva, trátase dun recurso terapéutico de intervención intensiva, cun enfoque multidisciplinar, para nenos e adolescentes que padecen trastornos mentais graves e nos que se recomenda manter a súa integración social habitual. Deste xeito, mellorarase a calidade asistencial ofrecéndolles un recursos cunha intensidade de coidados axustada ás súas necesidades.