Comeza a nova tempada para o Calvo Xiria balonmán

Este luns 9 de agosto ás 21:00 horas, tras dous meses de parón estival, o Calvo Xiria balonmán retomará a actividade deportiva, acto que servirá como presentación oficial das novas incorporacións do equipo que dirixe Adrián Dubra. O conxunto carballés loitará por manterse nos primeiros postos da clasificación, no grupo A da primeira Estatal, con numerosos cambios no seu plantel. Dubra contará con Brais Puñal como segundo adestrador e con Manuel Anxo Pardiñas e Bruno Suárez, como delegados, ademáis das novas incorporacións como son o gardameta Rökkvi Pacheco Steinunnarson e o defensor central Carlos Martín Guisasola; así como os homes da casa que promocionan ao primeiro equipo, Aaron Rodríguez, Diego Antelo, Mario Cancela e Carlos Varela.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha