Comeza a reconstrución do terraplén caído na estrada DP 0905 en Monfero


A Deputación comezou estes días as obras de estabilización do talud e reconstrución do terraplén da estrada DP 0905 en Monfero, onde o pasado inverno, por mor das inclemencias meterolóxicas, se produxo un deslizamento de terras que afectou á sección do carril esquerdo, o que motivou un peche parcial do vial por esa marxe para garantir a seguridade do tráfico.

O deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, explicou que Tragsa, como medio propio da Deputación que forma parte do accionariado do grupo, encárgase dos traballos de estabilización do talud, que consisten na execución dun muro de escollera de 5 metros de altura e 4 de cimentación de sustrato rocoso que dará soporte á zona onde se produciu o deslizamento de terras e estenderase preventivamente ás zonas onde se produciron gretas.

Co fin de dotar de maior rixidez á cimentación dos do muro para unificar os asentos, reforzaranse os bloques situados no arranque do muro co vertido de formigón nos ocos. Durante as obras manterase en servizo un dos dous carrís da estrada en todo momento.