Comeza en Cabana a quinta edición do coworking da Costa da Morte

1 minutes read
Concello de Cabana de Bergantiños

Un total de 26 emprendedores desenvolverán, entre outras, iniciativas innovadoras de dixitalización da cadea de subministración, tapizados con materiais de última xeración ou servizos para o envellecemento activo.

As actividades dos 26 emprendedores -15 mulleres e 11 homes- que participan na aceleradora bergantiñá centraranse nas novas tecnoloxías aplicadas á produción industrial e agroalimentaria, do sector da saúde e do benestar, os servizos e o turismo activo e a posta en valor da cultura e a gastronomía do territorio. Así, entre as iniciativas, inclúense proxectos innovadores de dixitalización da cadea de subministración, os tapizados con materiais de última xeración, a transformación de produtos do mar, o traballo en colaboración, unha cociña a domicilio ou os servizos para o envellecemento activo.

Estes días están a dar comezo tamén as accións de formación e asesoramento no resto de espazos coworking da rede impulsada pola Xunta, que nesta edición contará con tres novas aceleradoras relacionadas con actividades específicas.