Esta semana o Festival SonRías Baixas deu a coñecer en rolda de prensa a súa programación para o seu vixésimo aniversario, que terá lugar os días 2, 3, 4 e 5 de agosto en Bueu (Pontevedra). Afianzado xa como unha das grandes citas musicais do verán da península do Morrazo, no corazón das Rías Baixas.
Este ano adiántase a apertura da zona de acampada ao mércores, organizando unha festa de inauguración dende as 21.00h no recinto que sirva como recibimento para todos aqueles festivaleiros que queiran comezar coa experiencia o mesmo día 2, e que estará ben ambientada con moita música e varios food trucks.
As xornadas de concertos de SonRías Baixas arrancarán o xoves 3 cunha noite protagonizada por dúas bandas que regresan ao festival para celebrar o 20 Aniversario. Por un lado e directos dende Pamplona, Lendakaris Muertos, e seguindo a mesma línea, os madrileños Boikot. O venres 4 o festival terá como cabeza de cartel dende o Escenario Fest Galicia ao dúo de rap madrileño Natos y Waor. O sábado 5 pechará con La Pegatina.