Comezaron as obras para arranxar a pista de Reira. Os traballos, levados a cabo con fondos municipais, permitirán que o tramo da pista desde Camariñas ata o Cemiterio dos Ingleses quede listo antes da festividade da Semana Santa.
No seu momento a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, chegou a un acordo coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia para levar a cabo esta actuación conxuntamente. Así, a Xunta debe acometer posteriormente o arranxo da pista de Reira desde o cemiterio dos Ingleses ata Santa Mariña, que está previsto que se remate antes do comezo do verán.
Sandra Insua amosou a súa “satisfacción por chegar ambas administracións a un entendemento” e poder así comezar a solucionar unha problemática que estaba a afectar tanto aos veciños e veciños da zona como aos moitos visitantes que fan uso da pista de Reira.