Comeza o gran test para a reactivación do turismo en España

Nunca se lles esperou con tanta expectación. Tras tres meses de peche pola pandemia da COVID-19, Mallorca recibiu este luns a primeira «andanada» de turistas: ao redor de 400 dos 10.900 turistas alemáns que poderán visitar as illas Baleares durante este mes de xuño. Forman parte dun programa piloto para reactivar o sector do turismo, clave para a castigada economía española, e espertaron unha gran expectación á súa chegada a Palma. Do éxito ou do fracaso sanitario desta sorte de expedición dependen moitos postos de traballo. Os hoteis de Mallorca, que só poden ocupar o 50% das súas prazas, puxeron toda a carne no asador, coidando ata o último detalle, para demostrar ao mundo que están ben pertrechados para evitar brotes da COVID-19.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha