Cada unha delas enmárcase nas distintas seccións dun xornal: noticias nacionais, internacionais, sucesos, etc., ao son de ritmos modernos e bailables que buscan a participación do público.
A entrada é completamente gratuíta e pódese reservar, ata completar a capacidade da sala, a través da plataforma online www.woutick.es ou no despacho de billetes da Casa da Cultura, de luns a venres, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Ademais, a taquilla estará aberta desde unha hora antes do comezo dos espectáculos.
A programación continuará durante os domingos deste mes e o segundo de novembro, día 12. Así pois, quedarían por diante outros cinco espectáculos dirixidos aos máis pequenos e pequenas da casa.
Outono Rebuldeiro
O 23 e 24 de outubro Soraya Lema representará: ‘Aitana e a avoa, e outros contos violetas’. Está dirixida aos centros de ensino municipais.
A semana seguinte, domingo 24 de outubro, será a quenda do Mago Pedro Bugarín con ‘Maxia para todxs’.
O mes remata coa celebración do Samaín coa actuación o ‘Castelo do terror’, da Banda do Verán.
Finalmente, o día 12 de outubro pecharase a programación con ‘Conto-concerto’ de Xoán Curiel.