Comeza o tratamento a pacientes coas novas terapias contra a covid

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou dous novos medicamentos dos que a Xunta vai dispoñer para a loita contra a covid. O primeiro dos protocolos presentados, o do Paxlovid, do que chegaro a Galicia as primeiras 677 unidades, concretamente ás áreas sanitarias de Santiago de Compostela (113), Ferrol (267) e Vigo (297), para logo distribuirse ao resto das áreas, é de carácter posexposición á enfermidade; e o segundo o Evusheld, do que esta semana chegarán 1.772 dosis ao servizo de farmacia do Hospital Universitario da Coruña, empregarase de xeito preventivo. Nesta semana enviarase a todos os facultativos os protocolos de actuación destes dous medicamentos. Paxlovid, está indicado en pacientes con infección por SARS-Cov-2 que presenten enfermidade leve ou moderada, nos primeiros cinco días de síntomas, que teñen un risco alto de progresar a covid-19 grave, nas seguintes actuacións: persoa non vacinada maior de 80 anos; persoa non vacinada maior de 65 anos e polo menos un factor de risco; e persoa inmunocomprometida, independentemente da situación de vacinación.