Comeza o xuízo político contra Trump no Senado estadounidense


Este martes iniciouse oficialmente no Senado estadounidense o proceso de destitución do veterano mandatario, coñecido en inglés como ‘impeachment’. Trump vai ser xulgado por ‘abuso de poder’ e ‘obstrución ao Congreso’, como consecuencia da súa presión ás autoridades ucraínas para que investigasen ao seu rival político, Joe Biden e á súa contorna. As regras do xuízo político contemplan 24 horas repartidas ao longo de tres días para os argumentos de cada parte. Na proposta inicial contemplábanse unicamente dúas xornadas. A pesar das esperanzas que puxeron no proceso, parece pouco probable que os demócratas reúnan a maioría de dous terzos necesaria para destituír ao presidente de Estados Unidos. Os republicanos controlan 53 dos 100 escanos do Senado e, ata o de agora, ningún deles se volveu contra do veterano mandatario.