Comezou sen grandes incidencias o curso escolar en Galicia

1 minutes read

O curso escolar comezou este luns, 11 de setembro, na Galiza en todas as etapas educativas. As aulas de Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO, FP e Bacharelato abriron as súas portas ao mesmo tempo que as das universidades, as escolas de idiomas e ensinanzas artísticas. Colexios e institutos aglutinan o alumnado máis numeroso do ensino ordinario. Onte estrearon o curso en Infantil, Primaria, Educación Especial, ESO e Bacharelato 311.823 estudantes, que, malia todo, representan 2.409 matrículas menos que as rexistradas o curso académico anterior.

Atención á diversidade

As Anpas tamén apostan por “reforzar o ensino público”. A presidenta de Anpas galegas, Isabel Calvete, puxo de manifesto que o sistema presenta “máis eivas das que quixeramos para garantir o dereito á educación das nosas fillas e fillos”. Superado o primeiro día, Calvete confía en que axiña se resolvan as incidencias propias do inicio de curso que afectan ao transporte escolar, ás entradas e saídas ou aos servizos complementarios. Nese arranque sitúa o foco na educación inclusiva, “que require un compromiso real da Xunta en fornecer os centros dos especialistas e medios necesarios”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?