Comeza un ciclo de conferencias sobre benestar emocional dirixidas aos profesionais sanitarios

1 minutes read

O Servizo Galego de Saúde inicia un ciclo de conferencias para coidar o benestar emocional dos seus traballadores. Esta actividade esta enmárcase dentro do Plan de intervención psicosocial para o apoio e atención ao persoal do Servizo Galego de Saúde na Pandemia da covid-19, posto en marcha pola Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas. Están invitados a participar os 44.000 traballadores do Sergas e entidades adscritas.

As conferencias terán lugar as 18.30 da tarde do primeiro e o terceiro martes de cada mes, entre os meses de marzo e xullo. Vanse emitir en directo na canle de Youtube da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) a través da súa web https://acis.sergas.es/ Logo de ser emitidas quedarán gravadas e dispoñibles para todo o persoal do Servizo Galego de Saúde nunha sección específica na Aula virtual de ACIS.

A primeira ponente será Alejandra Vallejo-Nágera, psicóloga e experta en estrés e ansiedade, que impartirá a conferencia «Controla o estrés antes de que te controle a ti».

Entre outros temas, o día 16 de marzo, en colaboración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia falarase do tema «Aprendendo a coidarnos»; o 6 de abril será o momento do psicólogo Rafael Santandreu cun webinar sobre «Claves para a aprendizaxe da fortaleza emocional»; e o 20 de abril terá lugar a conferencia «Sistemas de regulación emocional», impartida coa colaboración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.