7
Desde este sábado comeza unha nova edición do programa de Baile para Maiores que se desenvolverá todos os sábados de 19:00 a 22:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. Cada sábado contarán cunha actuación de música en directo e o encargado de animar a primeira sesión será o dúo Mar da Vila. Seguiranlle Blanca Doble (o 18 de outubro) e o dúo Mar de Caión (25 de outubro).
Este é un programa posto en marcha polo Concello de Zas dende hai máis de dez anos que se prolongará ata o verán cunha variedade de actuacións musicais coas que se lles ofrece unha alternativa de ocio e de socialización ás persoas maiores.