Comeza unha nova tempada do programa de Baile para Maiores no Centro Sociocultural de Zas

Desde este sábado comeza unha nova edición do programa de Baile para Maiores que se desenvolverá todos os sábados de 19:00 a 22:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. Cada sábado contarán cunha actuación de música en directo e o encargado de animar a primeira sesión será o dúo Mar da Vila. Seguiranlle Blanca Doble (o 18 de outubro) e o dúo Mar de Caión (25 de outubro).

Este é un programa posto en marcha polo Concello de Zas dende hai máis de dez anos  que se prolongará ata o verán cunha variedade de actuacións musicais coas que se lles ofrece unha alternativa de ocio e de socialización ás persoas maiores. 

Related posts

Iria Boza, de Golmar, gañadora da modalidade Redes Sociais do concurso de fotografía A Laracha no obxectivo

Ana Pontón afirmou que ve Carballo «a tope» e cun “impulso renovado”

O PSOE de Coristanco «lamenta e denuncia» que non se lle entregue a documentación relacionada co pozo do CEIP Canosa-Rus