Comezadas as obras de construción do viveiro de empresas de Val do Dubra

1 minutes read

Xa se iniciaron os traballos de construción do viveiro de empresas que estará operativo no Polígono Industrial de Bembibre no concello de Val do Dubra.

O viveiro de empresas contará cun total de cinco naves de 65,46 m² útiles. Tamén haberá outra nave de servizos comúns dotada cunha sala de reunións, aseos para ambos sexos adaptados á persoas con discapacidade, un cuarto de limpeza e un despacho de administración xeral. O investimento ascende a 300.000 euros.

Primeiras naves do Polígono Industrial

Tendo en conta as características da parcela, que presenta unha pendente pronunciada, é necesaria a explanación da mesma. O Polígono industrial foi un dos asuntos prioritarios sinalados polo goberno local durante esta lexislatura.

As do Viveiro de Empresas serán as primeiras naves do polígono, e estarán a disposición dos emprendedores que desexen iniciar a sua actividade co fin de crear postos de emprego.