Comezadas as obras de saneamento na rúa Federico Ávila, en Fisterra

1 minutes read
  • Os traballos, cofinanciados pola Deputación, non afectarán á programación de Semana Santa

O Concello de Fisterra iniciou as melloras de saneamento na rúa Federico Ávila co obxectivo de separar as augas pluviais das residuais. Na actualidade só existe unha única tubaxe para todas o que «causa problemas constantes de avarías no sistema e ademais ocasiona un consumo de electricidade maior do normal, engadindo a sobrecarga da depuradora», afirman desde o goberno local.

O orzamento destes traballos ascende a 121.000 euros, sendo un 80% financiado pola Deputación da Coruña e o 20% restante polo Concello. Desde a Alcaldía destacan que as obras non afectarán á programación da Semana Santa.