Comezan a substituír os aeroxeradores do parque eólico Monte Redondo, en Vimianzo

Imagen de archivo de un eólico_PIXABAY

Os 66 aeroxeradores actuais vanse substituír por 11 máis modernos, con máis potencia e menor impacto visual. A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, visitou Monte Redondo e subliñou que con este tipo de parques se reducen as emisións de CO2. Está previsto que as obras neste parque eólico de Vimianzo estean rematadas en xuño de 2026. Amais de Monte Redondo, Naturgy desenvolve en Galicia outros dous proxectos de repotenciación. Nas Somozas, onde substituirá 81 aeroxeradores por 9, e no parque eólico Novo, nos concellos de Valdoviño, San Sadurniño e Narón, que pasará de 25 a 5 aeroxeradores.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila