A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou o comezo das actuacións de ampliación da capacidade e humanización da avenida da Deputación, no polígono de Sabón, actuacións cuxo obxectivo é solucionar as retencións de tráfico que se xeran nas horas punta nesta contorna.
Este proxecto, froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Arteixo, supón un investimento de máis de 6,3 millóns de euros e o seu obxectivo é reforzar aínda máis o papel do polígono de Sabón como motor económico do norte de Galicia, no que traballan actualmente 8.000 persoas.
A conselleira puxo en valor a suma de esforzos de administracións e empresas para contribuír á dinamización da economía e do emprego e aumentar a resistencia fronte aos novos tempos duros que nos toca vivir. A data prevista de remate das obras é o verán do vindeiro ano.