Comezan as clases universitarias presenciais, logo dun cribado masivo

Este luns primeiro de marzo, en plena desescalada da terceira onda da pandemia e despois dun mes de clases telemáticas, os estudantes universitarios volven ás aulas. Retoman as clases presenciais e as mesmas normas de seguridade e hixiene. Pero, ademais, para que a volta sexa o máis segura posible, todos os universitarios galegos, máis de 58.000, están convocados para someterse a un test de antíxenos que detecte posibles asintomáticos. Os cribados programáronse para esta semana, de luns a xoves, pero nos campus de Ferrol e Ourense xa arracancaron o sábado. As probas son voluntarias. En Santiago están citados 18.000 alumnos e será no polideportivo da Universidade. No campus da Coruña habilitaron Expocoruña. En Vigo, o pavillón do campus universitario. En Pontevedra, a facultade de Ciencias da Educacion e en Lugo, a facultade de Veterinaria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha