42
O Calvo Xiria afronta unha nova tempada cargado de novas ilusións e compromiso por manterse no máis alto da táboa a base de esforzo e traballo.
O adestrador Adrián Dubra, resalta que «debemos primeiro preocuparnos pola nosa maneira de xogar, desenvolver o ritmo de partido que nos interesa, e logo observar ao rival». O equipo chega en óptimas condicións físicas e nun bo momento, despois de axustar todas as pezas na pretempada; por tanto «debemos de saír enchufados no noso sistema de xogo e soltarnos canto antes, para iso necesitamos que a afección nos apoie».