Comezan as escolas deportivas de Malpica

O Concello de Malpica dará comezo ás Escolas Deportivas Municipais o próximo día 5 de outubro. Tamén darán comezo as actividades para adultos, entre as que destacan zumba, o programa ‘Ponte en Forma’, pilates e ximnasia terapéutica. O prazo para anotarse estará aberto ata o 22 de outubro, para máis información, o Concello habilitou a liña telefónica 981 720 001, á que poderá chamar calquera persoa interesada en participar nelas. Para o desenvolvemento destas actividades, contarase cun protocolo sanitario para o correcto desempeño das mesmas. Haberá unha solución hidroalcohólica ao dispor dos usuarios e habilitaranse os espazos para poder respectar as medidas de distanciamento social.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha