Comezan as obras de ampliación e mellora da estrada DP 0510 en Orro, Culleredo

Esta actuación, financiada pola Deputación da Coruña, permitirá mellorar a seguridade viaria ao longo dos tres quilómetros que abarca o citado tramo, mellorando os accesos aos núcleos de Figueiras e As Caíñas, así como creando espazos máis seguros para as persoas que circulan diariamente por este itinerario. Dentro das tarefas para realizar inclúese o tratamento de accesos e interseccións, adecuación da velocidade ás características da vía e a ordenación dos accesos. Ademais, tamén se construirá unha glorieta no punto quilométrico 2 para favorecer os cambios de sentido e eliminar os puntos máis perigosos para o tráfico rodado e peonil. O prazo de execución dos traballos é de 12 meses, polo que o seu remate definitivo está previsto para finais de 2022.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha