19
O Concello de Vimianzo vén de dar comezo ás obras de mellora na Costa de Torelo, na parroquia de Salto, incluídas no POS+2024 da Deputación da Coruña.
Os traballos consisten na renovación da capa de rodaxe da estrada mediante a aplicación de 6 centímetros de aglomerado en quente. Ao remate procederase á correcta sinalización da vía. Ademais, mellorarase a rede de saneamento e pluviais do núcleo.
Con esta actuación búscase mellorar as infraestruturas e ofrecer uns servizos de maior calidade á veciñanza.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, e a edil de Turismo, Beatriz Pazos, achegáronse ata o lugar para supervisar o avance das obras.