Comezan as obras de reparación do paseo do encoro de Meicende

1 minutes read

O Concello de Arteixo inicia as obras de reparación do paseo do encoro de Meicende despois de que se detectaran varios desplomes ao longo da vía que o circunda. 

Os terreos que rodean o encoro son a principal área de ocio da parroquia e dispoñen de pistas multideporte, parque infantil e área biosaudable. Tamén é un importante enclave natural debido á presencia de diferentes especies de aves. 

O Concello xa constara hai meses o deterioro do firme do paseo debido á acción da auga o que provocara algúns desplomes ao longo do paseo e minara, principalmente, puntos da zona da balaustrada eliminando o recheo de terra dalgúns taludes que agora deben de se reforzar.

Os traballos aproveitaranse tamén para sustituir o drenaxe transversal ubicado na cabeza do encoro «que, tras o oportuno cálculo hidráulico, comprobouse que resultaba insuficiente», según o proxecto. O peso da auga embalsada produce grietas que acaban afundindo o terreo e Augas de Galicia xa deu o visto bo a estes traballos que supoñen un investimento de 48.000 euros e que os técnicos municipais calificaron como «urxente».