Comezan as obras do edificio C do Hospital Clínico Universitario de Santiago

2 minutes read

As obras do edificio C do Hospital Clínico Universitario de Santiago están enmarcadas no proxecto autonómico de ampliación do complexo que se está a acometer.

O obxectivo das actuacións iniciadas é habilitar case 5.300 m2 de nova superficie neste edificio C, destinado a consultas externas e a probas funcionais.

A ampliación executarase cara ao leste, con 5 plantas coincidentes coas actuais, comunicándose cos eixes de circulación xeral do edificio e cun núcleo de comunicacións situado en paralelo ás zonas de espera da fachada sur.

Estes traballos enmárcanse na ampliación do Hospital Clínico, cuxas obras xa están en marcha e suporán un investimento de máis de 70,5 M€. Trátase de aumentar a superficie do actual hospital en case un 30 %, mellorando a prestación sanitaria de 450.000 cidadáns.

A intervención, ademais do citado edificio C, tamén inclúe a ampliación do edificio A, no que se atopa a área de hospitalización, os servizos centrais e as emerxencias, na parte sur do edificio existente cara ao oeste.

No caso do edificio A, a superficie ampliarase en preto de 29.000 m2, acometendo a demolición de 2.000 metros para axustar e encaixar as novas instalacións.

A ampliación do CHUS, no seu conxunto, permitirá dispoñer de 5 novas unidades de hospitalización con 36 camas cada unha e unha nova unidade de hematoloxía de 28 camas, sumando 208 camas máis e permitindo que as habitacións sexan dobres ou individuais.

O incremento de superficie tamén posibilitará aumentar as urxencias pediátricas e reformar as de adultos, así como incorporar 7 novos quirófanos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?