A cidade de Ferrol contará cun albergue de 60 prazas -unha delas adaptada- para o aloxamento dos peregrinos do Camiño Inglés. Na planta inferior estará situado o acceso, a sala común e a oficina, e na planta superior, os dormitorios e os aseos. O novo albergue sumarase aos 6 cos que conta a rede pública no Camiño Inglés, a terceira máis transitada por aqueles que se achegan a Santiago a recoller a Compostela e unha das que nos últimos anos máis está a medrar, cun incremento do 25% de peregrinos.
“É unha infraestrutura necesaria para esta cidade departamental, que por riba é un dos símbolos do Camiño Inglés, xa que era por Ferrol por onde chegaban por mar peregrinos do Norte de Europa e las illas británicas, para comezar aquí e rematar en Santiago”, sinalou a directora xeral de Turismo, Nava Castro, na presentación do inicio das obras.