Comezan as tarefas para reconstruír A Palma

Titánica é a tarefa que queda por diante na illa da Palma unha vez o volcán cesou a súa actividade. No distrito de La Laguna, as escavadores traballan arreo para tratar de restablecer as comunicacións por estrada canto antes. Ademais, hai que traballar con lava aínda ardendo. «Para inspeccionar a densidade desta lava e verificar a ausencia de gases ou outros parámetros que non só son incompatibles coa vida, senón tamén para garantir unha contorna de traballo seguro para as operacións pertinentes», explica Amilcar Cabrera, enxeñeiro civil.

Tras máis de tres meses co Cumbre Vieja activo, 1200 hectáreas quedaron arrasadas e máis de 3000 edificios sufriron danos diversos, polo que, como asegura o vulcanólogo Stavros Meletlidiso, a tarefas son complexas: «Hai que esquecer que isto é, entre comiñas, unha obra de enxeñería sen precedentes e parte dos resultados que tivemos do volcán». O Goberno canario xa distribuíu máis de 120 millóns de euros en axudas pola illa. Pero será necesario moito máis.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha