A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, está a realizar estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de 30 vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria. Estes actuacións, que xa comezaron a semana pasada, desenvolveranse a partir do luns nas estradas AC-554, en Outes; na AC-445 e na VG-1.4, en Corcubión, Cee e Fisterra. As tarefas céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume. Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.
Comezan en Fisterra os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas
Foto.-dpm