Comezan novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas


Iniciaranse, concretamente, os traballos na estrada AC-552, no municipio coruñés de Vimianzo; na LU-540 ao seu paso polos municipios lucense de Muras e de Xermade; e na estrada OU-402, nos concellos de Ourense, de Barbadás e de Castrelo de Miño.

Ademais proseguirán os labores iniciados en semanas anteriores na vía de altas prestacións VG-1.4, que comunica Cee e Sardiñeiro, no concello de Fisterra; na CG-2.2 Lugo-Sarria, ao seu paso polos municipios de Lugo, do Corgo, do Páramo e de Sarria; e tamén na estrada LU-934, en Friol.

Tamén se continuará cos traballos de limpeza na vía ourensá OU-504 en San Cristovo de Cea; na estrada PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra; e na vía de altas prestacións VG.-4.4, Lourizán-Ardán, en Pontevedra e en Marín.

As tarefas contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade autonómica.