Este luns deron comezo as novas tarefas de limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas nas catro provincias galegas.
As tarefas contribúen á prevención dos lumes, ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías de titularidade Autonómica.
Estes traballos levaranse a cabo na autoestrada AG-6.4, en Narón; na estrada LU-934, en Friol; na OU-531, que comunica Celanova- Ramirás, ao seu paso por Celanova; e na Variante de Vilagarcía VG-4.7, en Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis.
Ademais, proseguiran os traballos na vía de altas prestacións VG-1.4, en Cee e Sardiñeiro; na vía autonómica LU-540, en Muras e Xermade; e na vía de altas prestacións CG-2.2, en Lugo e Sarria.
Tamén continuarán estas tarefas na OU-504 en San Cristovo de Cea; na estrada PO-531 en Vilanova de Arousa, Meis, Barro e Pontevedra; e na vía de altas prestacións VG.-4.4, Lourizán-Ardán, en Pontevedra e Marín.
