Comezan os cortes de tráfico na ponte da Milagrosa en Carballo

A partir deste venres 1 de marzo estará pechado ao tráfico un carril da ponte da Milagrosa. Os vehículos poderán circular nas dúas direccións. A circulación estará regulada con semáforos. O carril quedará aberto durante a fin de semana e volverá pecharse o luns día 4 e o martes día 5 de marzo.

A partir do mércores, a ponte quedará pechada na súa totalidade para o desenvolvemento das obras do plan de xestión do risco de inundacións nas ribeiras do Anllóns e entrará en vigor o plan de tráfico elaborado polo departamento de Mobilidade do Concello de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha