Comezan os días grandes da Milagrosa en Carballo

1 minutes read

A centralización das celebracións recae este ano nos días 1, 2 e 3 de setembro, este venres 1 ás 9 da noite terá lugar o pregón a cargo do veciño do barrio, Juán do Bodegón Alberto. A animación musical correrá a cargo da orquestra El Combo Dominicano e disco móbil LB. O sábado 2 orquestra Compostela e grupo Claxon, e o domingo 3 grupo La Bamba e Dj Giancarlo. Completarán o programa infinidade de actividades máis, destacar unha gran sardiñada ( con 500 quilos de sardiña) o sábado ás 14:30, así como a elaboración das tradicionais alfombras. Ademais, este ano hai unha gran carpa no campo da festa que servirá para facerlle fronte a posibles inclemencias meteorolóxicas anunciadas para esta fin de semana.