Comeza o novo curso en Afaber e con el os grupos de apoio, dirixidos pola psicóloga Lara Rodríguez, unha iniciativa pioneira da asociación e que perdura no tempo, a reanudación será o mércores 4 de outubro despois do parón do verán.
Estas reunións sempre comezan no mes de outubro e rematan no mes de xuño, realízanse todos os primeiros mércores do mes, no local de Afaber ubicado en Bértoa.
Os grupos de apoio son guiados por unha profesional, neste caso a psicóloga Lara, e están dirixidos para familiares e concretamente coidadores/as dos/das usuarios/as, co propósito de crear un ambiente acolledor onde poder tratar e xestionar as situacións que afrontan no día día, ou os temas que queiran e/ou precisen compartir.
Estos grupos serven para que as persoas se relacionen entre si, nacendo a posibilidade de creación dunha rede de soporte por quen participa, e vanse xerando novos recursos de afrontamento das situacións actuais e mesmamente de novas situacións.
Tamén xa están operativos os talleres para mellorar a calidade de vida das coidadoras familiares, que levan a cabo dende o Servizo de Apoio Integral aCoidadoras no Medio Rural de Fundación Mujeres, financiado pola Deputación da Coruña e en colaboración con Afaber. Dende as 10:30 ás 12:30 horas, todos os martes ata o 14 de novembro.