Comezan os novos servizos de autobús en Ames que reforzan as conexións con Santiago

1 minutes read

Estes novos servizos supoñen unha ampliación das frecuencias na liña de autobús interurbano entre Extramundi de Arriba e Santiago, que conecta as parroquias de Ortoño e Bugallido coa capital galega desde maio do ano pasado. Increméntanse 21 frecuencias á semana: 3 máis cada día de luns a venres, 1 de ida en sentido Santiago e 2 de volta; aumenta tamén 4 expedicións os sábados e os festivos, con 2 novos servizos, tanto á ida como á volta; e os domingos incrementa 2 servizos, 1 de ida a Santiago e outro de volta ás parroquias de Ames. Tamén se activa una nova liña entre a rúa Alcalde Lorenzo e a estación intermodal de Santiago de Compostela. A mellora dos servizos de transporte público por estrada entre Ames e Santiago de Compostela beneficiará 13.000 viaxeiros ao ano.