A Concellaría de Festas do Concello de Carballo xa ten en marcha a complexa maquinaria da organización das celebracións patronais. A comisión do 2023 leva un tempo traballando, pero, coma todos os anos afirman que queren abrir as portas a todas as persoas que queiran sumarse, achegando propostas que contribúan a que o San Xoán sexa cada vez mellor e traballando tanto na programación coma no desenvolvemento das actividades festivas.
Teñas a idade que teñas, sexas da parroquia que sexas, en solitario ou en grupo… a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, convídate a achegarte este mércores 17 de xaneiro, ás 20.30 horas, á xuntanza que se celebrará no Pazo da Cultura.