35
A Xunta vén de informar que inicia os traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-430 no concello de Cabana de Bergantiños.
Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.
As actuacións contemplan o roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como a reposición ou a reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
O obxectivo dos traballos é previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.