Comezan os traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas na comarca de Bergantiños

1 minutes read

A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estradas autonómicas na comarca de Bergantiños. Os novos traballos desenvolveranse na estrada AC-430, no concello de Cabana. Estas actuacións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas. As novas accións de conservación nas vías de titularidade autonómica permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.