Comezan os traballos de remusealización no Forno do Forte de Buño

1 minutes read
  • A modernización das instalacións permitirán dedicar tres salas a exposicións temporais á olaría de Buño e orientalas a difundir a actividade dos oleiros e das oleiras.

O deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, acompañado pola concelleira de Olaría de Malpica, Marisol Blanco, visitou estos días o Forno do Forte de Buño, no inicio das obras de remusealización e co obxecto de poñer en común os aspectos técnicos e patrimoniais da intervención. Na xuntanza tamén participou persoal técnico da empresa adxudicataria, a UTE Sellier y Bialbero, e o xefe do Servizo de Arquitectura da Deputación da Coruña.

A remusealización suporá a adaptación das tres salas dedicadas actualmente a material etnográfico que pasarán a ser salas de exposicións temporais da olaría. Por outra parte, a antiga ‘taberna’ pasará a dedicarse a sala de actividades e actos, para o que será dotada dos medios técnicos e materiais necesarios para a súa nova función. Tamén implicará a actualización do mobiliario e elementos de olaría actuais, a modernización das salas, a adaptación de salas interactivas, a instalación de nova información patrimonial e cambios na iluminación.