Comezan os traballos de replanteo das obras da segunda fase da travesía de Serantes

1 minutes read

A obra supón un investimento de máis de 753.000 euros e conta coa colaboración do Concello e da Deputación no pagamento das expropiacións dos terreos necesarios e na execución dos traballos. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acompañados dos concelleiros de Urbanismo e Obras, Julián Reina e Ana Lamas, visitaron este núcleo ferrolán de Serantes, onde xa comezaron os traballos de replanteo previos á execución da segunda fase das obras de ampliación da calzada e construción de beirarrúas na estrada DP-3612 que darán continuidade aos xa acometidos nos primeiros 300 metros desta travesía, que contribuirán a mellorar a seguridade peonil nunha zona con numerosas vivendas que rexistra un intenso tráfico de vehículos. O proxecto inclúe tamén a renovación dos servizos afectados (rede de saneamento e abastecemento de auga) e a instalación de nova iluminación con luminarias LED, en lugar das actuais lámpadas de vapor de sodio.