Comezan os traballos para derrubar o viaduto da ronda de Nelle da Coruña

0 minutes read

Dende agora na Coruña podería haber problemas na circulación derivados das obras de derruba do viaduto da Ronda de Nelle.

Os cortes no tráfico serán progresivos, a partir do día 22 o corte afectará tamén os peóns, polo que se pide a colaboración da veciñanza polas molestias que poida ocasionar eliminar esta estrutura.

Se os traballos saen segundo está previsto, as obras rematarán o vindeiro 5 de marzo.