Comezaron as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-544 en Ames e Brión


Esta actuación será entre os puntos quilométricos 2,3 e 3,4, no que o firme se viu deteriorado, especialmente como consecuencia das intensas choivas deste inverno.

Para poder acometer as actuacións de rehabilitación do firme deste tramo da AC-544, de algo máis de 1 km de lonxitude, será preciso realizar cortes de tráfico puntuais nalgún dos carrís, permitindo a circulación alternativa polo outro.

Os desvíos do tráfico serán debidamente informados coa antelación necesaria, situándose previamente a sinalización entre os puntos quilométricos 1,5 e 8,5.

Os citados desvíos presentarán dúas configuracións diferentes, segundo as zonas. Nas zonas con tres carrís, cortarase o tráfico nun deles, manténdose ambos os sentidos de circulación polos outros dous. Nas zonas que contan con dous carrís, cortarase un deles e darase paso alternativo polo outro, regulado por semáforos.

Os traballos incluirán o fresado das dúas cuñas triangulares na parte exterior de cada carril para dar encaixe a unha nova capa de rodadura. Tamén se estenderá mestura bituminosa en quente como capa de rodadura sobre o firme existente.