A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras de restitución do ramal de acceso á AG-46 en Domaio, no concello de Moaña. Estes traballos na autovía de Morrazo suporán un investimento estimado de 40.000 euros e céntranse na reparación do ramal que tivo que ser pechado nos pasados días por danos causados por mor da chuvia. A actuación en execución consiste na demolición do firme do ramal no punto danado e na escavación das partes erosionadas, para encher con novo material e compactalo. Esta intervención lévase a cabo tras terse realizado as correspondentes comprobacións do estado da infraestrutura, confirmándose o bo estado, tanto do paso da auga baixo a autovía, como baixo o propio ramal, polo que os danos limítanse á cuneta e ao firme do propio ramal, que se afundiu ao erosionarse pola acción da auga.
31