Comezaron as obras do Parque Central de Arteixo

Cedida.

O Concello iniciou as obras necesarias para crear o novo parque central do núcleo de Arteixo. Os traballos consistiron, na primeira fase, en tarefas de limpeza e cerre do ámbito que ocupará esta nova área de ocio de 13.000 m2 que pasará a converterse na área de esparcemento máis grande do núcleo e suporá un investimento de 859.000 €.

O novo parque terá varias zonas de xogos infantís, equipamentos deportivos, áreas biosaudables, unha cúpula central de madeira que sirva como punto de reunión ou pasarelas elevadas de madeira na zona húmida próxima ao río Bolaños o que permitirá que os veciños podan achegarse ao seu cauce. Ademáis disporá dunha senda secundaria que se adentrará na zona de vexetación da ribeira. Será unha senda elevada 50 cm sobre o terreo con postes de madeira de castiñeiro e sen ninguha cimentación. Trátase de afectar o menos posible a esta zona e revalorizala.

Unha das zonas do parque terá un lugar de patinaxe acompaño de xogos xuvenís e un graderío-solarium. Tamén se proxectará unha senda perimetral para conectar os distintos elementos deportivos. Complétanse os equipamentos cunha cúpula aberta, de madeira laminada, para falicitar o encontro entre paseantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha