A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-199, ao seu paso polo concello de Dumbría.
Estas actuacións están a ser executadas pola empresa Construcciones J. Mauri e Hijos, S.L e foron adxudicadas por un importe de máis de 43.000 euros. Contan cun prazo de execución dun mes.
Os traballos que se prevé realizar permiten completar a actuación de mellora na capa de rodadura realizada en marzo no treito desta mesma vía, entre os puntos quilométricos 0 e 0+300.
As novas obras céntranse no reperfilado de cunetas, no fresado e na reposición da capa de aglomerado no tramo entre os puntos quilométricos 0+300 e 0+900.
O Goberno galego continúa traballando na conservación das estradas autonómicas co fin de incrementar a seguridade viaria e mellorar a mobilidade dos cidadáns.
34