Comezaron os traballos de recuperación do Cruceiro de Cheis, en Vimianzo

Cedida.

O Concello de Vimianzo comezou os traballos de recuperación do Cruceiro de Cheis, que retirará para a súa restauración e datación. As tarefas abranguen desde a adecuación da contorna ata as actuacións na base e no propio ben.

Realizarase un estudo arqueolóxico integral, de restauración e tamén de tipo histórico-artístico, porque non están moi claras as datas de construción. Existe documentación que fala do século XIV, pero tamén do XV e máis do XVI. Trátase dun abano temporal moi amplo e preséntase agora a oportunidade de poder contextualizalo a través da metodoloxía arqueolóxica.

A estrutura presenta un deterioramento que fai necesario, como Ben de Interese Cultural, trasladalo ata a Escola de Bamiro para limpalo e consolidalo. Reporanse os anacos que lle faltan eliminando material sobrante.

Por outro lado, reconstruirase o perímetro de observación, retranquearase dous metros a cada lado e configurarase novamente o valado intentando respectar os liques para non alterar a paisaxe que circundaba o cruceiro orixinalmente.

Na excavación, no propio lugar de asentamento do ben, realizarase unha nivelación e conformarase unha nova zapata dependendo do sustrato existente. Si aparece rocha ou xabre, farase de argamasa, e senón, de cemento. Sobre esa peza colocarase un drentes, que é unha lámina que impide que as sales emigren cara arriba e afecte á pedra.

Existen tamén referencias que falan de pinturas, polo que a limpeza será moi paulatina para ver si poden atoparse este tipo de elementos. O equipo está conformado por dúas arqueólogas, Cristina Seoane e Mónica Montero; unha restauradora, Comba Torre e un canteiro, Ismael Cernadas.

Desde o goberno local sinalan que “este tipo de actuacións, que garanten a preservación e posta en valor dos bens patrimoniais, son esenciais non só para manter viva a nosa historia, senón tamén para descubrir máis sobre ela e realzar, aínda máis se cabe, a súa beleza”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha