Comezaron os traballos de sinalización da Vía Céltica ao seu paso por Camariñas

1 minutes read

Para obter a Compostela, os peregrinos deben realizar un percorrido por cada un dos principais ramais da Vía Céltica. É dicir, percorrer o Camiño de Santiago partindo de algúns dos portos de Bergantiños (Laxe, Ponteceso, Corme, Barizo, Malpica, Caión) e completar o Camiño dende algún dos portos da Costa da Morte (Fisterra, Cee, Corcubión, Muxía, Santiago de Cereixo, Ponte do Porto e Camariñas).

Alternativamente poderá recorrer a Vía Céltica por só un dos ramais, aqueles peregrinos que cheguen a calquera destes portos por mar e teñan navegado un mínimo de 100 millas náuticas ou que acrediten ter percorrido a distancia restante para completar os 100 km en itinerarios xacobeos recoñecidos nos seus países de orixe antes do inicio do camiño nos portos mencionados.