Comezo de liga de líder, para o Calvo Xiria


O Calvo Xiria comezou unha nova tempada este sábado, e fíxoo de xeito inmellorable ante un nada fácil Saeplast Cañiza. O encontro tivo lugar ás 20:00 horas no Vila de Noia, na casa e con público na bancada, algo moi importante para o conxunto carballés que adestra Adrián Dubra. O conxunto local abriu o luminoso e marcou distancias con ata 6 goles de vantaxe durante o ecuador da primeira metade, con moita intensidade. A partir de ahí baixou algo o ritmo, pero chegando ao descanso cunha vitoria de 4 goles no marcador ao seu favor, 13-9. Na segunda metade o conxunto local mantivo a distancia, que por momentos se viu reducida a 2 goles e o ritmo de xogo bastante máis embarullado, sobre todo por parte do Cañiza. 24-21, un resultado xusto para un gran Calvo Xiria que comeza temporada con moi bo pé.