Un total de 2.271.386 persoas están chamadas ás urnas en Galicia o próximo 28 de maio para elixir aos 3.705 concelleiros que hai en xogo nos 313 municipios da comunidade. Tamén se decidirá a repartición das catro deputacións provinciais -cuxos nomes se elixirán posteriormente polos propios edís locais- e a composición das nove entidades locais menores.
En Carballo déronse cita na praza do concello un destacado número de simpatizantes que arrouparon a cinco dos seis candidatos que se presentan a estos comicios na vila, Unidas Podemos non fixo acto de presenza. Si estiveron os cabezas de cartel do BNG, PP, PSdeG-PSOE, VOX e Xuntos Carballo M+J. Ademais como persoa relevante acompañando á candidata socialista, María Carmen Vila, estivo o Presidente da Comisión de Interior do Congreso dos Deputados e exministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos Meco, que está a participar en diferentes actos na Costa da Morte. Os candidatos fixeron unha valoración dos últimos catro anos de goberno a nivel local, baixo o seu punto de vista, e explicaron as razóns de voto para as súas respectivas candidaturas.
En Galicia o voto por correo pode solicitarse ata o 18 de maio e depositarse ata o día 24. As votacións desenvolveranse en 3.960 mesas electorais e co despregamento de 6.849 axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado.