Exhumación dos republicanos asasinados en Bértoa en 1936

2 minutes read

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) que iniciou a procura científica de desaparecidos pola represión franquista no ano 2000, e levou a cabo varias exhumacións en Galicia, iniciou este martes os labores de exhumación no cemiterio de Bértoa, en Carballo, onde un equipo de cinco persoas estivo a traballar no lugar onde se atopa a fosa común e onde esperan atopar os restos dos corpos de catro republicanos asasinados por forzas golpistas en setembro do ano 1936.

A entidade a instancia das familias e de veciños investigou o caso destes catro homes que foron secuestrados e asasinados, un traballo complicado administrativamente, pero no que nunca desistiron no seu empeño de conseguir todos os permisos e autorizacións para agora poder levalo a cabo. Os corpos, con feridas de bala destes homes apareceran o 29 de setembro de 1936 no Campo de Morgade, en Queo de Arriba, Bértoa (Carballo), e foron enterrados polo párroco e os veciños no cemiterio de Bértoa.

Os nomes dos catro asasinados que se pretenden exhumar son:

Juan Boedo Pardo, de 28 anos, veciño de Cristobo das Viñas (A Coruña). De profesión gasista.

Andrés Pinilla Fraga, de 52 anos. Vivía na Coruña e foi conserxe do Colexio Notarial da Coruña.

Pedro Pinilla Calvete, de 21 anos, nacido na Coruña. De profesión mecánico.

Francisco Miguel Fernández Díaz, de 38 anos. Pintor, ilustrador, libreiro e crítico de arte. Unha das grandes realidades artísticas de Galicia do seu tempo e nome mítico da pintura galega contemporánea.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?